Begoña Codesal Patiño
@Bcodesal
Educación Primaria
Tipoloxía textual: CONTO
UNHA FERMOSA HISTORIA QUE ILUSTRAMOS CO GALO DO DÍA DA PAZ.
Esperamos que vos guste tanto como a nós!!!
PREPARACIÓN
- Para ir entrando en materia imos a YouTube e vemos un video do conto de Fernando Alonso.
- Logo facemos un resumo da historia e anotamos os momentos máis importantes.
- Reflexionamos e pensamos nas palabras malas, tristes e nas palabras boas, amables, agradables da historia...
- Buscamos xornais e lemos as novas. Facemos unha táboa cos titulares positivos e cos negativos.
- Comprobamos que lista é máis longa.
DESENVOLVEMENTO
Dividímonos en equipos de traballo. Un equipo selecciona e recorta dun xornal palabras positivas e o outro equipo palabras negativas. Gardámolas.
Facemos tamén con follas de xornal obxectos de papiroflexia para ilustrar o noso conto: sombreiros, barcos, avións, ...
Contamos o conto en voz alta, a nosa maneira. Un empeza, o outro sigue e así ata o final.
Cada alumn@ anota a súa frase nunha folla e ilustraa. Pegamos as palabras recortadas.
Xuntamos todas as follas e facemos a portada. Empregamos unha caixa de cereais, papel de cociña, cola e máis follas de xornal. Rematamos a portada pintando con rotuladores ao homiño descansando debaixo dunha árbore.
RESULTADO
Pois ahí tedes como nos quedou o noso conto do HOMIÑO DE PAPEL. Se queredes lelo, podedes botar un ollo ao libro dixital que creamos en CALAMEO.
Quedouvos un libro xenial. Encántame!!!!!!
ResponderEliminarGracias Ana! Gustounos moito a historia e puxémoslle moitas ganas!
ResponderEliminarÉ unha maravilla ver como a miña compañeira convirte cada traballo nun gran proxecto e dou fe do motivamos que están os alumn@s.
ResponderEliminarFelicitacións,
Reme