PÁGINAS

Política de Privacidad

23.4.17

Eduardo Pondal, o bardo galego. Poetas gallegos.


Por Isabel Barcón
@Isabelmbs

O pasado 10 de marzo cumpíronse 100 anos do pasamento de Eduardo Pondal Abente.
Eduardo Pondal, "o bardo de Bergantiños", é un dos grandes poetas do noso Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez.

Eduardo Pondal es, junto con Rosalía de Castro y Curros Enríquez, uno de los tres  poetas que configuran el renacer de la literatura gallega en el XIX.


OBJETIVOS

Trátase de facer unha lectura comprensiva dalgúns poemas de Queixumes dous pinos que permitise entender o léxico, captar a beleza do poema e enriquecerse lingüistica e culturalmente,  plasmar o poema gráficamente e facer unha lectura con boa dicción unha vez que se comprendeu. O traballo realízase por parellas.

Se trata de hacer una lectura comprensiva de algunos poemas de Queixumes dos pinos que permitiera entender el léxico, captar la belleza del poema y enriquecerse lingüistica y culturalmente. plasmar el poema gráficamente y hacer una lectura con buena dicción una vez que se comprendió. El trabajo se realiza por parejas.

CONTENIDOS


  • 🍀Biografía.


Naceu na vila de Ponteceso o 8 de febreiro de 1835, no seo dunha familia de orixe fidalga que se enriqueceu na emigración a América e que, ao seu regreso a Galicia, ocupou postos destacados na vida política e económica da comarca bergantiñá.
Orfo de nai desde ben novo a familia non carecía dos recursos necesarios para o seu mantemento, que proviñan das rendas familiares. En 1844 estudou gramática latina na reitoral de Vilela de Nemiña co párroco de Touriñán, como era habitual nos rapaces que querían iniciar carreira eclesiástica ou universitaria. Estuda o bacharelato en Compostela e despois cursará  Medicina acadando o grao coa nota de sobresaliente en 1860.
Parece que conseguiu un posto de médico na Armada Española, pero como indica Carbalho Calero na súa Historia da Literatura Galega no momento de embarcar Pondal tiña que rematar un poema e o barco tivo que zarpar sen el.
Ponteceso. Casa natal de Pondal.


  • 🍀A Cova Céltica.


Retirouse axiña á súa casa paterna e alí viviu, con frecuentes viaxes a Santiago de Compostela e á Coruña, onde concorría á libraría de Carré, chamada a "Cova Céltica", na que mantiñan unha tertulia Andrés Martínez Salazar, Manuel Murguía, Florencio Vaamonde, Evaristo Martelo Paumán, Manuel Lugrís Freire e outros. Alí accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega, exercendo como guía   do camiño a seguir.

  • 🍀Obra.


Pondal é o máximo expoñente da literatura do rexionalismo galego. Idealiza o pasado céltico de Galicia, que el imaxina libre e independente e como apenas quedan vestixios desta época, inspírase nas fontes clásicas romanas, nos poemas ossiánicos de James MacPherson, no Lebor Gabála Érenn e nas investigacións dos historiadores románticos Manuel Murguía e Benito Vicetto. O simbolismo do celtismo dentro da poesía de Pondal é claro: así como os celtas combateron heroicamente a invasión romana, os galegos deben tomar o seu exemplo e combater igualmente a opresión da súa terra. Ao mesmo tempo a súa poesía incorpora unha tendencia helenista, que entronca co seu afán de crear unha lírica culta. Os mitos creados por Pondal baséanse en dous arquetipos: o Heroe e mailo Bardo.

Ao mesmo tempo tamén se mostra como poeta lírico. Xunto coa natureza, e as paisaxes da súa terra natal (a comarca de Bergantiños), a figura da muller, moitas veces idealizada como fada, amazona... é outra das claves da súa poesía.


  • 🍀 Queixumes dos pinos (1886).Temática.Infografía





  • 🍀Estilo. 


Utilizou unha lingua aristocratizante, fuxindo da lingua coloquial e incorporando no seu léxico e na súa sintaxe numerosos cultismos. Para isto serviuse dos seus profundos coñecementos das linguas clásicas, remitíndose tamén en ocasións á lingua portuguesa. É famosa a súa frase no leito de morte "déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro".




  • 🍀Traballos.












LECTURAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por dejar tu comentario