Un artista na escola. Música en vivo e…poesía!
Begoña Codesal Patiño
@Bcodesal
Educación Primaria
UN ARTISTA NA ESCOLA
Música en vivo e…poesía!
DESCRICIÓN
Xa nos tempos antigos, os gregos utilizaron esa unión máxica, creando as súas composicións musicais sobre a base de composicións escritas ou contadas de recoñecido prestixio. A un esquema musical engadíanse diversas poesías ou se alteraba o seu ritmo para crear novas composicións.
Esta sutil unión recoñece a importancia de traballar a poesía e a música desde a educación infantil para desenvolver o sentido do oído, o ritmo, a creatividade, a vocalización, a imaxinación e para fomentar a socialización e o traballo en equipo.
Nós, grazas a educaBarrié (canal educativo da Fundación Barrié), poidemos ter a un artista na escola para ensinarnos a compoñer poesías dun xeito moi orixinal. Esta é a nosa proposta.
OBXECTIVOS
- Expresar sentimentos e emocións a través das poesías.
- Diferenciar as características propias dunha poesía: versos, estrofas, rima.
- Identificar e usar os símiles, as metáforas e simbolismos propios das poesías e as cancións.
- Usar a pronunciación e entoación propias das poesías.
- Ampliar o léxico e o vocabulario.
Preparados…
Presentación do artista e demostración do concepto de "loop". O artista vai cantar unha canción (A saia da Carolina), mostrando unha versión diferente dunha canción popular coñecida por todos os alumnos, e que repetidamente usa a "técnica loop".
Loop: é un anglicismo, pode ser traducido como "bucle" en galego. É unha sección curta (entre 1 e 4 compases de lonxitude), creada para repetirse. Estas sesións son gravadas ou reproducidas conectadas en secuencia, unha tras outra dando un sentido de continuidade.
Listos...
- Empezaría a soar a canción do artista a través dun reprodutor. coñecemos ao artista, que canción é …? Como é? Que aspecto ten?
- Soa a mesma canción na aula. Non o vemos pero está aquí. Estaría detrás dunha cortina ou dun moble.
- Xurde tocando a canción.
Escoitamos atentamente e fixámonos no artista. Contemplámolo en vivo e en directo. Ollamos a súa expresión, as súas mans o seu corpo e todo este conxunto sitúanos nas emocións, non só transmitidas pola súa música, senón tamén pola súa persoa en conxunto.
_Cal é a súa intención ao cantar? E ao tocar o instrumento? Para que serven os loops?
Acción…
- Escollemos a emoción. Nunha sesión só nos dá tempo para traballar dúas emocións. Propoñemos unha lista de emocións: o amor, a rabia, o medo, a serenidade, o desprezo, a compaixón, o heroísmo, noxo, sorpresa, ou calquera outra. Que sensación queremos comunicar?, a quen a diriximos?, para que o facemos….? Chegamos a un acordo de grupo.
- Neste caso, sae o rabia, por exemplo. Preguntamos: _Que pensas cando digo "rabia"? _Por exemplo: neno, fútbol, enfado, inimigo, loita, anoxo, choro, raios, vermello, chinchar, perrencha, rabiar ...
- Imos anotando as palabras e combinándoas con outras para formar versos.
- Podemos crear varios grupos que van construíndo un pareado usando as palabras pactadas.
- Cada grupo prepara unha rima e en grupo créase unha composición.
- Léese soa e sen intención.
- Recítase con intención e emoción.
- O artista pon música ao poema e entre todos o cantamos. Acompañámonos con instrumentos naturais (co propio corpo) ou obxectos do aula que poidan servir para levar o ritmo.
PARA REMATAR
Se queres ver como nos quedaron as poesías da IRA ou da LEDICIA non tes máis que entrar nos seguintes documentos. Agardamos que che gusten!!! A nós encantounos a experiencia e estamos desexando volver a repetila neste curso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario